Quintana aposta polo “rearme produtivo” da pesca galega fronte ao “apartheid comunitario ao que está sometida”

Quintana aposta polo “rearme produtivo” da pesca galega fronte ao “apartheid comunitario ao que está sometida”

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, prometeu o rearme do sector pesqueiro. Para acadar ese obxectivo, aposta por catro liñas: máis capacidade de decisión política, máis capacidade produtiva, máis mercado e máis protección.

Quintana incidiu na necesidade de ter representación propia na Unión Europea para, dese xeito, acabar co “auténtico apartheid comunitario ao que Galicia está sometida”.

 

O candidato nacionalista lembrou que Galicia ten no mar unha das súas maiores industrias. Trátase do segundo sector en produción, despois da automoción, con 6.000 buques e máis de 150.000 persoas que viven do complexo mar-industria. Así as cousas, Quintana asegurou que “non podemos desaproveitar esa capacidade nos actuais tempos de crise”.


Institucional