ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Bonecos de trapo e la contra as bombas, porque os nenos teñen que xogar e non facer a guerra. É a mensaxe simbólica da iniciativa nacida no CEIP A Rua de Cangas e extendida a través das bibliotecas escolares a outros centros galegos de Moaña, Malpica ou Os Casais e o IES de Fene. Profesores e alumnos deste último presentaron esta mañán os bonecos "quitapenas" xa rematados e a punto de viaxar a Gaza.
Profesoras e alumnos do IES de Fene acudiron esta mañán á casa do concello cargados con caixas cheas de bonecos. Non son bonecos calquera senón “quitapenas” bonecos artesáns feitos con la e trapos polo alumnado do instituto e que agora enviarán aos nenos e nenas palestinos como un xesto de solidaridade e de desexos de paz.
A xefa de estudos do centro fenés, Loli Lago, explicou que a iniciativa xurdíu no instituto de Cangas e a través das bibliotecas escolares se extendeu a outros centros galegos. Puxeron en marcha un obradoiro para aprender a facer os bonecos “quitapenas” que teñen ese nome porque, segundo unha tradición guatemalteca os nenos deben poñelos baixo as almofadas e así se lle van as penas que poidan ter.
Mais de 100 bonecos sairán do IES Fene esta semana en dirección a Gaza, a través da Fundación Araguanei , acompañados dunha carta que traduciron ao árabe para que a reciban os rapaces palestinos. O alcalde de Fene acompañounos na presentación da campaña, felicitándoos pola iniciativa que axuda a que a comunidade internacional non se esqueza do conflicto que vive esa zona.