ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pasaron sete séculos e aí segue, grazas á presión popular. O Castelo de Moeche foi construído no século XIV. Esta fortificación situada na parroquia de San Xurxo acolle hoxe o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas. Da súa orixe e historia falounos a técnica de Turismo Estefanía Purriños.
O señor de Moeche dende 1336 era García Rodríguez de Valcarcel, cuxo escudo está nos muros da fortificación co cal é lóxico atribuírlle a el a súa construción”, explica Estefanía. Posteriormente pasaría a mans da casa de Lemos. “Dise que o 16 de febreiro de 1433 casan Beatriz de Castro e Pedro Álvarez de Osorio, I conde de Lemos dese nome. Tía e sobriño. Ela suponse que era moito mais rica ca o sobriño, e por iso tivo que hipotecar o castelo de Moeche e todas as súas terras para poder pagar as nupcias”. No 1890 os seus propietarios, a casa de Alba, pretenderon facer unha poxa para vender a pedra como material de construción, pero a presión popular conseguiu salvalo.
O castelo está construído con grosos muros de cachotería, cos pavimentos de grava e herba. Empregan o material que teñen mais preto, e neste caso atopamos granitos, cuarcitas e lousas mais o toelo, a famosa pedra de Moeche. Hoxe a fortificación ten tamén unha misión didáctica, pois acolle o Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, onde atoparemos a colección permanente e a exposición permanente sobre a Revolta irmandiña en Galicia.
Publica o teu comentario agora