Récord de festa

Récord de festa
09 de Agosto, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Festas de Verán en Perlío. Comezan este venres coa vocación de superar o gran éxito que tiveron os festexos de maio que “foron apoteósicas”. Reto que se propón a comisión organizadora, segundo declararon a Radio Fene o presidente, Jesús Ares, Lito, e Roberto Teijido.

As orquestras Ritmo Joven e Matices animarán a primeira verbena, este venres, día 9 de agosto. O día grande, o sábado 10, The fabulous Frank Fairlane DJ encargarase das pezas do mediodia. Pola noite chegará ao campo da festa de Perlío o escenario da orquestra Panamá. O domingo haberá pezas do mediodía ata que o corpo aguante co grupo Reflejos.

Este ano, as festas coinciden nunha fin de semana con moita actividade en Fene, pero iso non é problema. Na comisión organizadora son da idea de que todo suma. E gardan un as na manga, porque sortean un remolque cheo de produtos, unha paella para cinco persoas, 100€ d medio porquiño entre todas as persoas que mercaron rifas para contribuír a financiar os festexos. O gañador coñecerase o 17 de agosto. O número agraciado será o que coincida coas catro últimas cifras do primeiro premio da Lotería Nacional dese sábado.

Sociedade

Publica o teu comentario agora