Ría en decadencia

Ría en decadencia
10 de Xaneiro, 2023 - 02:18 h. | Publicada por Radio Fene

A campaña de Nadal foi moi mala para a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre. O motivo foi a escaseza de capturas no banco das Pías. Díxoo o patrón maior, Jorge López, en Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

“Leva catro anos en decadencia. Traballamos quince días ou un mes ao ano, cando antes eran dez meses e traballábamos 200-300 persoas. Van catro ou cinco persoas que non fan o tope”. Os prezos das capturas este Nadal foron semellantes aos de anos anteriores, pero o problema é que a ría non produce. “Pouco a pouco vai desaparecer o marisqueo da ría de Ferrol”, aventura o patrón maior. Por iso, a Confraría loita para que se faga un estudo integral da Ría. As confrarías galegas veñen de renovar os seus cargos directivos nunhas eleccións nas que, en Barallobre, a candidatura de Jorge López acadou o 93% dos votos. O proceso remata hoxe coa toma de posesión dos directivos da Federación Galega de Confrarías, que segue a presidir José Antonio Pérez Sieira. A de Barallobre ten 120 persoas asociadas das que van mariscar regularmente a metade. Foi a primeira en contar con depuradora propia, en 2004. E completa o ciclo coa venda directa da produción. Tamén vende online. A través da páxina mariscosdebarallobre.com 

Sociedade

Publica o teu comentario agora