ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Para moitos de nós, o nome de Rómulo Gallegos era só o do autor de ‘Dona Bárbara’, unha das novelas máis importantes de todos os tempos escritas en lationoamérica. Sen embargo, a vida e a obra de Rómulo Gallegos agochaba moitos segredos importantes que era fundamental coñecer. Lois Pérez Leira achega datos esenciais da biografía do autor de ‘Dona Bárbara’ no último núm
No último número de GRIAL, o 188, Lois Pérez Leira asina un interesantísimo traballo no que profunda no exilio que o escritor venezuelano viviu entre os anos 33 e 35, cando viaxa por distintos lugares do estado español e pasa os veráns, acompañado de simpatizantes e seguidores do seu pensamento, en Bueu. No traballo de Pérez Leira vemos como nos longos paseos pola praia de Beluso e outras paraxes galegas vai irse construíndo e madurando un pensamento sólido que había de provocar, non só nas letras, importantes cambios no xeito de ver o mundo de moitas persoas no futuro.