A rúa de San Pedro ferve coa primavera

A rúa de San Pedro ferve coa primavera

03 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A rúa de San Pedro e a rúa dos Concheiros de Santiago de Compostela acollen nesta xornada a Feira da Primavera. Os maios, a música, artesanía e produtos do campo mestúranse nas vías que dan a benvida aos peregrinos. A Asociación Veciñal A Xuntanza organiza o evento. O grupo The Tetas Van tocará as pezas da mediodia e actuará tamén a partir das oito da tarde.

Todo rematará cunha estalotada ás dez da noite e máis coa sesión de picadiscos de Bigote Mix.

Sociedade