A Rúa do Concello terá unha única dirección e aparcadoiros nas dúas beiras da calzada

A Rúa do Concello terá unha única dirección e aparcadoiros nas dúas beiras da calzada

02 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As Rúas do Cádavo, Eduardo Neira, a Rúa Malvar contarán cunha dirección única. Estas son algunhas das reformas que se van a realizar pola Consellería de Ordenación de Tráfico e Seguridade Cidadán. No proxecto inclúense traballos no lugar de Tellerías, na Avenida Naturais de Fene e na Rúa do concello.

A reorganización do tráfico no Concello de Fene conlevará a adopción de direccións únicas nalgunhas rúas. Así, A Rúa do río Cádavo, máis coñecida a das casas verdes de Astano, e a de Eduardo Neira contarán en vindeiras datas cun só vial. Na  Rúa Malvar tamén se vai levar a cabo esta medida pero as queixas dos seus veciños por non poder acceder aos garaxes obriga a celebrar unha xuntanza o vindeiro mércores entre a veciñanza e responsables do concello. Tamén están pendentes de definir as reformas da zona de Tellerías. A estrada nacional tamén precisa de arranxos segundo afirmou esta mañá en Radiofusión o Concelleiro de Ordenación de tráfico, Juan Lourido. A Rúa do concello tamén será dunha soa dirección con aparcadoiros ambos lados da estrada para estacionar en batería. Unha forma de desconxestionar os númerosos vehículos que circulan e queren aparcar na zona.

O Concelleiro que tamén asume as competencias de organización de persoal e emprego anunciou o inminente comezo dun curso incluído no Plan de Formación PCPI. Dirixido a rapaces e rapazas con dificultades para rematar a ESO divídese en dúas partes. Unha parte teórica no IES de Fene e unha práctica- teórica, na que os alumnos farán prácticas na empresa de limpeza Limbes. Ante as dificultades burocráticas de desenvolver esta segunda parte deste curso formativo acordouse empregar a nave de San Marcos como sé das clases. Seleccionarase o alumnado dos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda. Hai algo máis de cen prazas e 160 anotados co que 50 ou 55 quedarán fóra. O curso principiará o vindeiro xoves 8 de outubro.

Institucional