A rúa Emilia Pardo Bazán de Allariz pecharase ao tráfico por obras a partir do luns

A rúa Emilia Pardo Bazán de Allariz pecharase ao tráfico por obras a partir do luns

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O tráfico e acceso de vehículos pola rúa Emilia Pardo Bazán, na súa terceira fase, no tramo comprendido entre o cruce coa Estrada de Xunqueira (na Barreira) ata a altura da Arqueta (dirección Roimelo) permanecerá prohibido debido as obras da calzada da devandita rúa desde o luns 19 ata o 31 de outubro.

A restrición afectará tamén a entrada e saída de vehículos aos garaxes no tramo que afecte o corte de circulación.

O Concello de Allariz pide a máxima comprensión ós veciños e veciñas e aconsella seguir as instrucións da Policía Local en canto ás vías alternativas para circular pola vila.

Sociedade