ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ferrol celebrará mañá martes o Día Sen Coches con dúas ambiciosas medidas. Durante esta xornada o Concello peatonalizará a Rúa Magdalena e presentará unha nova web para fomentar o uso compartido do turismo. Ambas iniciativas enmarcánse no calendario de actividades deseñado polo goberno municipal para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade, que a urbe naval celebra por terceiro ano consecutivo.
A Rúa Magdalena quedará mañá cortada ao tráfico rodado e reservada única e exclusivamente para o tránsito de peóns e ciclistas. Será un anticipo dos plans futuros do Concello, de afrontar a peatonalización do barrio da Magdalena nun futuro próximo e seguirá a liña dos criterios que marca o Plan de Mobilidade do Concello de Ferrol-Plan MOB. Este proxecto aposta por recuperar o protagonismo do peón fronte ao vehículo particular. Mañá, a rúa Magdalena será un exemplo a pequena escala dese proceso. O tráfico de vehículos pecharáse durante todo o día dende a confluencia coa rúa Rubalcava e ata a confluencia coa rúa Sánchez Barcáiztegui.
O concello ferrolán tamén dará a coñecer mañá un novo portal web que permitirá á cidadanía compartir coche nos seus desprazamentos. As vantaxes para os particulares son moitas, dende o aforro económico ata a comodidade, namentras que para o medio ambiente, resultan incalculables.