ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O responsable de Patrimonio e contratación da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, asistiu esta mañá en Dodro á inauguración da rúa Moncho Reboiras, acto organizado polo Concello no día en que se cumpren 47 anos do asasinato do sindicalista, político nacionalista e opositor á ditadura franquista. O concello de Dodro aprobou a iniciativa no pleno celebrado no mes de xuño para “recoñecer e lembrar un veciño perseguido e asasinado polo franquismo polas súas ideas políticas”.
Na homenaxe celebrada hoxe colocáronse tres placas, unha delas na vivenda onde foi velado o corpo de Moncho Reboiras en agosto de 1975. Durante a lembranza interviron o irmán do homenaxeado, Manolo Reboiras; o alcalde da localidade, Xavier Castro, e o promotor da iniciativa e tenente de alcalde, Xoán Bautista Mariño. Penas salientou “o exercicio de democracia, de lembranza e de recuperación que dá continuidade ao recoñecemento, polo Consello de Ministros en 2009, de Moncho Reboiras como vítima do franquismo”. “Mais a de hoxe”, engadiu, “tamén é unha homenaxe a todas aquelas persoas e colectivos que durante anos lembran cada 12 de agosto a figura deste destacado dirixente político en actos como os que se celebran en Imo e Ferrol”.
Publica o teu comentario agora