ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Finca A Sobreira é un proxecto multifuncional onde a mazá adoita forma de sidra, zume, vinagre e xenebra sempre partindo dunha elaboración artesanal, da tradición familiar e dos valores rurais. En Onda ODS achegámonos ata a parroquia de Callobre na Estrada para coñecer o traballo desta familia de sidreiros.
A Rabiosa é unha variedade de mazá que se atopa en Callobre (A Estrada). As súas inigualables propiedades dan lugar unha excepcional sidra artesanal, tal e como explica en Onda ODS, Orlando Villamayor, presidente da Asociación de Sidreiros de Galicia e creador da marca Rabiosa. Grazas ao esforzo dunha familia que potencia a economía circular traballando cunha filosofía 100% ecolóxica podemos gozar do sabor desta sidra que conta cun proceso de produción de entre oito e dez meses xa que ten que experimentar varias fermentacións. Un dos seus segredos está na terceira fermentación do azucre.
Publica o teu comentario agora