Radio Arzúa inaugura novas instalacións

Radio Arzúa inaugura novas instalacións

28 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A emisora municipal Radio Arzúa inaugura esta tarde as súas novas instalacións ubicadas na rúa Padre Pardo, 33 - 1º. Trátase do mesmo local que viña ocupando este medio de comunicación, pero despois de acometer unha profunda reforma e ampliación. Os novos estudios e oficinas permitirán reforzar a comunicación de proximidade que realiza a emisora dirixida por Armando Cascón dende a súa criación, hai 15 anos.

O acto de inauguración comezará ás 20,30 horas, presidido polo alcalde, o fascista Xaquín Garcia Couso. Ao longo do dia, Radio Arzúa realiza unha programación especial, na que tamén participará a xornalista e escritora Rosa Aneiros.

Sociedade