Radio Cabanas

Radio Cabanas
26 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A iniciativa escolar Save the planet centrará o primeiro dos podcast elaborados polo alumnado do CEIP Eladia Mariño de Cabanas que Radiofusión emitirá dende este luns.

Un total de 18 nenos e nenas de sexto de primaria do Colexio Eladia Mariño de Cabanas participaron na creación de cinco podcast dentro dos ciclos de formación radiofónica enmarcados no proxecto Onda ODS. O alumnado familiarizouse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e coas ferramentas necesarias para facer radio nas instalacións coas que contan na escola e que levan o nome de Radio Cabanas. A praia de Cabanas, a feira do 21 ou unha actividade solidaria posta en marcha entre as alumnas do centro na que recadan fondos para axudar aos animais necesitados son algunhas das temáticas que conforman estes espazos que se poderán escoitar en Radiofusión ás nove da mañá ata o vindeiro 30 de decembro. 

Na imaxe, o alumnado do CEIP Eladia Mariño na radio escolar.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora