ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Para ser artista nos anos sesenta había que pasar pola radio” afirmou a actriz e cantante Ana Belén hai uns dias no programa “La noche en 24 horas” de Xabier Fortes. A importancia da radio no século XX tamén aparece na exposición permanente do Museu d´Història de Catalunya. O Museu recrea espazos cotiáns do século XX, como a escola franquista, a cociña dos anos sesenta ou o Seat Seiscentos e adica unha especial atención ao fracaso do golpe de estado de xullo de 1936 en Cataluña, un feito histórico no que tamén tivo especial relevancia, a radio.
A institución pon en valor a experiencia de mulleres moi diferentes reflexionando sobre avances e retrocesos nos exercicio dos seus dereitos e o punto no que se atopan agora. A importante industria téxtil -con experiencias como o recendo dunha fábrica do sector- ou a Segunda República tamén ocupan espazos de interese nun Museo interactivo. Reflexas o golpe de estado de xullo de 1936 e as razóns polas que a sublevación militar non triunfou en Catalunya. Ese fracaso tamén pasará pola radio.
O fracaso do golpe en Catalunya
O comisario de orde público da Generalitat Frederic Escofet elabora antes do 18 de xullo un “Plan anti-golpe” que se pon en marcha nos dias posteriores logrando deter aos golpistas Goded e Burriel. O xeneral da Garda civil Aranguren mantén a súa palabra de cumprir as ordes do goberno lexitimamente elixido pola cidadanía. A Benemérita, xunto cos mossos de esquadra e os gardas de asalto defenden á República, sumando as súas forzas aos 10.000 cenetistas armados e dirixidos por un decidido Buenaventura Durruti. Todos eses factores conflúen no fracaso en Barcelona e Catalunya da sublevación militar.
Goded declara pola radio, diante do presidente da Generalitat Lluis Companys: “La suerte me ha sido adversa, y yo he quedado prisionero. Por tanto si queréis evitar que continúe el derramamiento de sangre, los soldados que me acompañabais quedáis libres de todo compromiso”.
Sobre as causas da derrota inicial dos golpistas, profundiza o profesor Jacint Merino, autor do libro “Los militares se sublevan en Barcelona” publicado por Editorial Base.
A obra desvélanos as reviravoltas do fracaso do golpe de xullo de 1936 na capital catalá, desde a fase conspiratoria até a sublevación militar, así como os nomes crave dos dirixentes da sedición en Cataluña. Coa figura do Xeneral de División Manuel Goded Llopis como eixo do relato, Merino explícanos que pasou o 19 de xullo en Barcelona; a chegada á cidade do xeneral Goded desde Mallorca cando xa facía horas que se loitaba nas rúas de Barcelona; e como se produciu a rendición dos militares sublevados. Goded, detido e encarcerado a bordo do barco-prisión Uruguai, sería sometido a un Consello de Guerra. O autor explícanos con detalle os interrogatorios e o proceso xudicial que finalizaría coa sentenza á pena máxima. Goded morreu fusilado nos fosos do Castelo de Montjuïc. Participou en todas as intentonas golpistas do primeiro terzo do século XX pero tiña certa distancia ou incluso animadversión con Franco. “Las relaciones entre Goded y Franco sempre foron solidamente enfrontadas” afirma Merino.
Publica o teu comentario agora