A radio non se acaba

A radio non se acaba
25 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A radio non se acaba senón que evoluciona cara novos modelos que nos van marcando as novas xeracións. O selo local das emisoras municipais fortalece a estes medios tradicionais convertidos xa en multimedia a petición da cidadanía.

ESCOITA O PODCAST:

“A radio continuará e os estudos de audiencia así o marcan pero temos que estar preparados para que nun futuro isto sexa unha cuestión xeneracional que irá evolucionando. As novas xeracións nos levarán a outros modelos de audio”, afirma Francesc Triola, director de Premiá Media, o medio de comunicación público da localidade catalá de Premiá de Mar que une imaxe, audio e un diario dixital. O seu responsable asegura que foi o mundo quen fixo a transformación. “Non fixemos outra cousa que o que nos ía pedindo a xente e, por tanto, xa non era simplemente unha radio senón que aquel produto que nós elaboramos o estamos pasando por diferentes plataformas e ao saír en diferentes plataformas xa é un multimedia. Xa non podía chamarse Radio Premiá senón Premià Media porque utilizamos tódolos medios para sacar novas hiperlocais que podemos dar as emisoras dende Fene ou calquera outro lugar, ás que lle poñemos o noso selo. Iso é o que nos fai fortes”.

Na imaxe, Francesc Triola, director de Premià Media.

Sociedade

Publica o teu comentario agora