Radio Ordes retransmitirá a gala do II Certame de Poesía das Letras Galegas

Radio Ordes retransmitirá a gala do II Certame de Poesía das Letras Galegas

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Ramón Piñeiro, egrexio galeguista homenaxeado o domingo co gallo do Día das Letras Galegas, terá tamén un recoñecemento este venres na gala de entrega dos premios do II Certame de Poesía convocado polo Concello que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura, con retransmisión de Radio Ordes, que adianta o contido do evento na crónica falada adxunta. 

 

Cultura