Radiofusión retransmitirá, por segundo ano consecutivo, a Carreira Popular de Negreira

Radiofusión retransmitirá, por segundo ano consecutivo, a Carreira Popular de Negreira

03 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O vindeiro domingo 7 de novembro,  ás11 da mañá, retransmítese a XXXI edición da Carreira Popular de Negreira, a través de Radiofusión, a programación das emisoras municipais galegas (Radio Negreira 107.0 de FM), ou tamén en Internet na emisión online www.concellodenegreira.es ou en www.radiofusion.eu

Un equipo comandado por Elena Dopico, cos comentarios de José Manuel García Estévez, e a pé de carreira, Emilio Forján, narrarán o trancurso e anécdotas da proba deportiva coa colaboración da Deputación de A Coruña e o Concello de Negreira, así como de diferentes firmas e empresas comerciais de Negreira e comarca.

Este ano xa se superou o milleiro de participantes inscritos nas tres categorías das que se compón a carreira. Os grandes favoritos para facerse co triunfo son os keniatas. En canto á participación galega destacan Iván Iglesias e Ramón Serantes. Xa está desbotada a presenza do arzuán Lolo Penas, o mellor corredor galego, ao coincidir con outros compromisos a nivel nacional. Tamén haberá importante representación portuguesa sobre todo nas féminas con Claudia Pereira, Dorotea Alves ou María Isabel Sanz, entroutras. A participación local ten como principal baluarte a Jorge Crespo Arias. Ademais correrán 200 atletas nicrarienses máis xóvenes, procedentes dos colexios e institutos da vila.

Deportes