Radiofusión segue a xornada das eleccións autonómicas

Radiofusión segue a xornada das eleccións autonómicas

28 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Radiofusión emitirá mañá domingo un programa especial de seguemento da xornada das eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia. Entre as 11 da mañá e as 2 da tarde estableceremos distintas conexións con diferentes colexios electorais para coñecer a marcha das votacións.

Xa despois das oito da tarde, á hora de peche dos colexios electorais, volcaremos nesta páxina web os resultados e as valoracións dos dirixentes políticos arredor desta xornada na que galegos e galegas eleximos aos 75 membros do Parlamento.

Sociedade