ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Radiofusión sortea tres abonos para asistir ao festival Brincadeira Rock In Cambre, que se celebrará entre o 9 e o 12 de agosto. Artistas internacionais como Status Quo, Calle13, Tito&Tarantula, Mad Sin ou Demented Are Go encabezan o cartel desta cita no que tamén se inclúen coñecidas bandas estatais (Medina Azahara, Boikot, Lendakaris Muertos, Koma...) e unha manchea de grupos galegos, dez deles locais. Aqueles que queiran asistir aos concertos de balde teñen
Os festivais Brincadeira e Rock in Cambre decidiron unir forzas e organizar este ano unha única cita conxunta. Uns 70 artistas, entre eles 16 dj's, porán música aos catro días de festa que acollerá Cambre. Ademais dos concertos, os organizadores prometen un amplo programa de actividades paralelas, entre as que se incluirán un festival de cinema independente, un concurso de fotografía ou mostra de novas tendencias e artesanía. Os asistentes terán tamén a oportunidade de acampar nunha zona natural.