ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Xulgado de Cambados fixará nas vindeiras semanas a data do xuizo ao presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzan. Os cargos refírense ao aluguer duns baixos comerciais en Vigo. O concelleiro en Pazos de Borbén e deputado provincial polo Partido Popular Severino Reguera alugoulle a Louzan uns baixos en 2008. Segundo o fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra Augusto Santaló, na citada operación advertiuse un sobreprezo con respeito aos baixos
O Xulgado Mixto número dous de Cambados acordou no pasado mes de febreiro incoar procedimento contra Rafael Louzan, desestimando a solicitude de arquivo, presentada polos imputados. Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, "o resultado das dilixencias de investigación realizadas permiten soster que os feitos investigados poderían dar lugar a un delito de suborno impropio no caso do deputado e un delito continuado de suborno no do presidente da Deputación e a súa dona". O fiscal abrira a investigación en novembro de 2013 despois de recibir unha comunicación anónima na que se denunciaban os presuntos sobreprezos dos locais situados na rúa Teixugueiras en Vigo.