Rafael Quintía compila a cultura musical galega en “Para cantar veño eu!”

Rafael Quintía compila a cultura musical galega en “Para cantar veño eu!”

26 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Amosar a riqueza da nosa música tradicional e recoñecer a aqueles que traballan por conservala son dous dos obxectivos que o antropólogo Rafael Quintía se marcou co libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. A obra, publicada pola Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación Cultural Os Chichisos, preséntase mañá venres na Galería Sargadelos de Pontevedra.

Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos arredor do universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Quintía realiza un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore.  

Para cantar veño eu complétase cunha unidade didáctica que inclúe exercicios para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo.  

Cultura