Rafaella Carrá en Perlío

Rafaella Carrá en Perlío
19 de Agosto, 2024 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

O Perla mural fest espera para última hora desta xornada a chegada da muralista italiana Leticia Mandrágora. Comezará a pintar mañá martes o seu mural na Praza da escola de Perlío cunha imaxe de Rafaella Carrá, artista que actuou no "Perla novo" (1974-1983). Hugo Lomas "Sfhir" está a rematar a súa obra ao pé da igrexa de Fene. Tamén quedan poucos detalles para finalizar o mural do artista de Chile Cristobal Persona fronte á escola Concepción Arenal en Chamoso.

Fotografia Xan Xe

Fene celebra a segunda edición do Perla Mural Fest, un festival de arte urbana que está a transformar o concello nun auténtico museo ao aire libre. Esta nova edición conta coa participación de destacados muralistas internacionais, como o madrileño Sfhir, a napolitana Leticia Mandragora e o chileno Cristóbal Persona. O mural da violonchelista que Sfhir pintou en Fene na pasada edición foi recoñecido como o Mellor Mural do Mundo, un fito que reforza a importancia deste evento no panorama artístico global.

 

Fotografía Xan Xe. Na imaxe Cristobal Persona pintando fronte á escola Concepción Arenal en Chamoso (Fene). Agosto 2024

Cultura

Publica o teu comentario agora