A raiña das rías galegas

A raiña das rías galegas
25 de Xaneiro, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Redondela

A centola é un cangrexo grande de dez patas e teimudo aspecto, apreciado habitante das rías galegas. ¡Canta fame tiveron que pasar os nosos avós para chegar a xantar uns bichos tan feos! dicia Álvaro Cunqueiro. Para defendelas dos depredadores, a Natureza, cauta e sabia, agocha as delicias en envoltos pouco atractivos.

Centolas na praza de abastos de Ferrol

Aquí a centola é a raiña. Compango de amigos, dise sempre en feminino, como sucede co mar entre algúns mariñeiros. No bicho os sexos distínguense facilmente pola cuncha entre as patas, máis ancha, como unha vieira nas femias, estreita a modo de pene nos machos.

A centola é un agasallo do mar, e para non desprezalo, compre gozar dos seus variados sabores como recomendaba Álvaro Cunqueiro: “das patas maiores, a carne como en capas sobre a cartilaxe interior, outro sabor é odas patas máis pequenas, e outro do corpo, e outro do cacho, que se ten corais e está espeso, coa cór terra de Siena, mellor”. Segundo Fausto Galdo en “Abecedario das mantenzas”, o máis sensato que se pode facer, se se ten a oportunidade de apañar unha boa centola do país, é cocela, a poder ser na auga do mar sen máis. A algúns gústalles coa folla de loureiro, alá eles, sempre cos amigos e viño branco da terra, Ribeiro, Albariño ou Godello.

Sociedade

Publica o teu comentario agora