ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), María Torres, presentou a súa nova campaña sectorial co obxectivo de denunciar “a clara intención do PP de meterse na intimidade das mulleres e decidir por elas”. Torres explicou que “o propio programa electoral do PP anuncia esta intención”, ao recoller que cambiarán o modelo da actual regulación sobre o aborto para reforzar a protección do dereito á vida, a
A secretaria xeral das XSG defendeu así a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo promulgada polo Goberno de Zapatero. Asegura que é “unha norma preventiva, que busca evitar os embarazos non desexados, garante o dereito á atención sanitaria pública, e supuxo a fin da inseguridade xurídica que afectaba ás mulleres e aos profesionais sanitarios que interviñan nas interrupcións voluntarias do embarazo”.
“Por iso dende o PSOE apostamos por seguir reforzando esta normativa coa coordinación de plans e programas de formación en saúde sexual para profesionais sanitarios e tamén nos ámbitos da escola e as familias”, asegurou.
María Torres contrapuxo isto coa postura do PP nesta materia, que contempla un “modelo de muller arcaico, co que non concordamos, e con afirmacións que agochan cales son as súas verdadeiras intencións”. Referiuse así ao programa do PP, no que se recolle a intención de prestar especial protección “aos non nacidos e a infancia, ademais dunha atención específica ás mulleres durante o embarazo e no coidado dos fillos menores”.
“O que amosa que para o PP as mulleres debemos de seguir responsabilizándonos do coidado dos fillos/as e dos roles do fogar, mentres para o PSOE o foco de atención está na eliminación dos teitos de cristal, na diferencia salarial entre homes e mulleres, na conciliación da vida laboral e familiar asentada na corresponsabilidade”, apuntou.
Por elo, defendeu a implantación dun sistema de cotas obrigatorias nos consellos de administración, vixiar as condicións de igualdade nas empresas, estimular a iniciativa emprendedora das mulleres e intensificar a inscrición das mulleres como cotitulares das explotacións agrarias, ademais dunha aposta decidida por medidas de conciliación e o aumento das garderías.
“Este é o camiño para a igualdade das mulleres. Nos non queremos que ninguén decida por nós nin que ninguén se meta na nosa intimidade, senón que esiximos garantías da nosa igualdade de oportunidades para poder tomar decisións en plena liberdade”, concluíu.