ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Impulsaremos un pacto de estado para derrogar a LOMCE e anular as reválidas" afirmou esta mañá o voceiro do PSOE no Congreso dos Deputados Antonio Hernando que tamén reclamou ao PP que hoxe se comprometa a suprimir as polémicas probas. O voceiro socialista confirmou a abstención do seu grupo na votación que terá lugar este sábado para elixir a Mariano Rajoy como presidente do goberno.
Unha vez rematada a intervención do candidato á investidura, Mariano Rajoy, a portavoz de En Marea realizou unha breve avaliación do seu discurso. Criticou a portavoz de En Marea a continua dicotomía que sempre establece Rajoy: “ou nós ou o caos, e o fai para non ter que falar do que está verdaderamente detrás, que é a grande coalición”. Reprochou a Rajoy que diga que “nada cambiou cando cambiaron moitas cousas. O que vai suceder o sábado non vai ser unha simple asbstención. Estamos perante o fin do turnismo, estamos ante o fin do réxime do 78 que se ve necesitado de ser reformulado”, en alusión ao pacto PP-PSOE no 2011 coa reforma do artigo 135 da Constitución “para poder blindar os intereses da Troika”.
Considera Alexandra Fernández que este proceso ven de atrás, “a grande coalición non aparece por casualidade, ven de 2011 coa reforma da Constitución e co cambio do Xefe do estado”. Pero tamén ven, puntualizou, “da aparición dun movemento democrático, o do 15-M que será o outro dos blocos que estarán representados nesta lexislatura na Cámara”.
En base a ese argumento, a portavoz de En Marea afirmou que hai dous blocos: a da grande coalición, que traerá a axenda de Merkel en cada sesión plenaria, e o bloco que vai traer a axenda social e a axenda democrática a esta Cámara”. A deputada de En Marea semellou a grande coalición “cun partido único, a da España única, unha, grande e libre de Rajoy” que contrapuxo “ao espazo de cambio político que vai demandar máis democracia e máis dereito a decidir dos pobos”.
“Os hilillos de corrupción de Rajoy”
Puxo en cuestión a credibilidade de Rajoy e lembrou que en Galiza sofrimos “no 2003 aquelo de tan só son uns hilillos mentras había que recoller chapapote coas nosas máns, e hoxe Rajoy tamén veu dicir que só había hilillos de corrupción namentras están a sacar o chapapote do carto negro do PP a moreas. Polo tanto, PP e Rajoy non teñen credibilidade”. Ninguén cre xa que vai defender as pensións, que vai defender os dereitos democráticos, ninguén se cre que vai defender os dereitos das mulleres cando a súa lexislatura foi tan dura cos dereitos das mulleres. Rajoy carece de credibilidade”.
Alexandra Fernández puxo de manifesto “a polarización existente en Galiza, entre o partido único de Feijoó e a principal forza da oposición que é En Marea que vimos nos resultados das elecións do 25-S, esa polarización trasladouse agora ao estado”, en alusión ao símil empregado de partido único respecto á grande coalición. Advertiu que “faremos unha oposición dura, que logre trasladar a axenda social ao Congreso fronte á blindaxe e a axenda de recortes de Merkel-Rajoy”.