ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O pazo de Xelmirez na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acolleu este mediodia o acto protocolario de devolución do Códice Calixtino á Igrexa. PSOE, BNG e Esquerda Unida denunciaron o que califican como "circo mediático" e indican que o desprazamento se paga das arcas públicas.
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, agradeceu este domingo o "traballo e perseveranza" das Forzas e Corpos de Seguridade, así como do resto de implicados na investigación, para recuperar e devolver o Códice Calixtino á Catedral de Santiago, á vez que ofreceu "un recoñecemento" do Instituto de Patrimonio Histórico desta obra medieval e anunciou un convenio coa Xunta e Arcebispado para velar pola protección artística.
No acto de devolución do Codex Calixtinus ao templo compostelán, Mariano Rajoy realizou a entrega simbólica desta peza de valor incalculable, nun evento no que tamén interviron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
Cun discurso infestado de agradecementos a todos os que traballaron pola recuperación do Códice, Mariano Rajoy dixo pór ao Goberno central a disposición do Arcebispado "a todos os efectos", tanto para a conservación do manuscrito do século XII como para a avaliación dos posibles danos producidos pola súa substracción.