ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O poeta Ramón Cabanillas morreu en Cambados o 9 de novembro de 1959. Este sábado cúmprense sesenta anos daquel dia de loito para a literatura galega. Á idade de trinta e catro anos o escritor embarcou para Cuba, como un máis dos miles de galegos que collían o camiño da emigración ás Américas.
Na Habana traballou de contable de comercio e posteriormente de administrador do Teatro Nacional, que rexentaba o Centro Galego. Alí entrou en contacto coa intelectualidade galeguista emigrante, que vira morrer dous anos antes a Curros Enriquez. Cabanillas comezou a darse a coñecer como poeta galego.En 1913 publica o seu primeiro libro, No desterro. Dous anos máis tarde, pouco antes de volver a Galicia, publica o segundo, Vento mareiro.
Ramón Cabanillas escribiu teatro con obras como "A man da Santiña" e "O Mariscal". Pero tamén sobresae a súa poesía., unha poesía lírica, social ou combativa, de carácter agrarista e anticaciquil, de tipo intimista ou cun costumismo que presenta semellanzas con algúns poemas de Antonio Machado.
Cabanillas mantén contactos na Habana co crego agrarista Basilio Álvarez, que prologa o seu primeiro volume. Convertese na voz lírica máis importante daquel movemento de defensa dos intereses dos labregos e gandeiros. Ramón Cabanillas,unha das máis sobranceiras figuras da literatura galega.
Publica o teu comentario agora