Ramón Nieto Otero gaña o premio Pérez Parallé de poesía

Ramón Nieto Otero gaña o premio Pérez Parallé de poesía

07 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

De novo o Premio de poesia Pérez Parallé foise para a illa de Arousa. O xurado do certame decidiu conceder o galardón ao libro de Ramón Nieto Otero “A estación única dunha illa”. Ramón Nieto naceu na illa de Arousa en 1975 ainda que reside na actualidade en Bruselas onde da clases de inglés. O xurado destacou a alta calidade xeral das obras presentadas. O gañador recibirá unha estatuiña confeccionada polo ceramista Fran

O xurado da XXII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, reunido en Fene, resolveu outorgar o premio ao libro A estación única dunha illa, presentado baixo o pseudónimo Glas-Ao.>Aberta a plica, o libro resultou ser da autoría de Ramón Nieto Otero, escritor nado na Illa de Arousa en 1975.

Licenciado en filoloxía inglesa, fixo o último ano da carreira cunha beca Erasmus na Universidade Libre de Bruxelas e, dende aquela, reside na capital belga dedicado ao ensino da lingua inglesa.Ten estudos de música clásica e jazz e é un afeizoado á cultura mariñeira, practicando no mar de arousa a navegación en dorna.O xurado, integrado polo poeta e artista plástico Baldo Ramos, Carmen Bar, exdirectora da biblioteca de Narón e Susana Sánchez Aríns, gañadora da XXI edición do premio, mencionou especialmente a alta calidade xeral das obras presentadas, destacando particularmenta as tituladas O xardín de inverno e outras augas e Noites na casa do pai.

O Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé convócase dende hai 22 anos para homenaxear a figura do poeta ferrolán que tanta laboura realizara no ámbito da sociedade fenesa en defensa da lingua e da literatura galega.O libro gañador será publicado na colección de poesía Espiral Maior, a máis importante colección de poesía galega. O gañador do premio recibirá, ademais, unha peza cerámica do artista Francisco Pérez Porto, fillo de Xosemaría Pérez Parallé.

Sociedade