Rancheiras galegas

Rancheiras galegas
03 de Xuño, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Con estes temas pecho dalgún xeito unha etapa deste álbum porque os seguintes que veñen serán rancheiras e boleiros nos que se lle quero dar máis forza e potencia á voz e onde me sinto máis cómodo cantando”, afirma o cantautor Jesio do Río co que falamos no programa Sons de Nós. Aquí podes escoitar a entrevista completa.

ESCOITA O PODCAST:

‘A lúa avisoume’, ‘Coa túa beleza boa’ e ‘Volvías’ son as cancións propias de Jesio do Río que coñecemos en Radiofusión. Logo de comezar facendo versións, este cantautor galego decidiu comezar a compoñer os seus temas coa idea de sacar á luz un álbum de oito ou nove pezas. “Xa está a piques de saír unha rancheira, coa que de momento estou moi contento de como vai”.

Na imaxe, o cantautor Jesio do Río.

Cultura

Publica o teu comentario agora