Rancor e cordialidade

Rancor e cordialidade
10 de Febreiro, 2023 - 08:34 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de mil cincocentas cartas compoñen o epistolario de Murguía elaborado por Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos. Sobre elas falamos este venres no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Xosé Luís Axeitos afirma que Murguía se carteaba con xente moi importante. “Con quince ou vinte ministros, algúns galegos e outros non. Estas eran cartas distintas que case sempre estaban vinculadas á petición de… Era unha época na que non se facía nada sen influencia política”. Ademais, o autor destas letras desvela o rancor que o escritor nado en Arteixo sentía por Juan Flórez xa que dicía que por culpa del non había ferrocarril. Por outra banda, estas cartas reflicten tamén a boa relación de Murguía co daquela alcalde de Ferrol ,Justo Gayoso. "Con el foi sempre moi cordial. Justo Gayoso axúdalle a vender os Cantares Gallegos”, afirma Axeitos.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora