ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene reforza os desbroces nas beiras de camiños e estradas municipais. A actuación executase en máis de 67.000 metros de foxos e noiros e supón un investimento para as arcas municipais de case 18.000 euros.
Fene puxo en marcha dunha actuación de reforzo da limpeza das estradas das parroquias co obxectivo de eliminar a maleza das beiras de camiños e estradas. Segundo o concelleiro de Obras, Andrés Serantes, os traballos executaranse en ata 67.272 metros de cunetas e noiros, unha actuación que se prolongará nas vindeiras semanas e que pretende poñer a punto as vías das parroquias.
Esta actuación supón un investimento de ata 17.907,81 euros para as arcas municipais. Dende o concello, priorizouse esta acción para evitar que a vexetación invada os carrís e supoña un perigo para os vehículos e peóns que circulan por estas vías.
Comentarios
Moita propaganda, o farolas
Publica o teu comentario agora