A rapazada precisa de música en directo

A rapazada precisa da música en directo para soñar
25 de Setembro, 2019 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A rapazada precisa da música en directo, afirma o músico Fran Amil que este domingo (12,30h. Casa da Cultura de Neda) presenta o seu espectáculo “Chuches a mil” baseado nos seus últimos dous discos “A voz do vento” e “Monstros, con ou sen consentimento”. Para o espectáculo creou un monstro que en realidade é unha alegoría da Galicia rural, aínda que alegre e dinámica. Trataba de amosar o mellor para o público infantil, porque “os soños cóntanse e cántanse”.

ESCOITA O PODCAST:
Fran Amil presenta Popsía Vol.1

“Hai tres ou catro anos houbo un verdadeiro boom da música dirixida a nenos e nenas en galego, pero agora enfreouse algo  cun pequeno baixón en canto ás actuacións das editoriais e das institucións” salienta Amil que se iniciou na música en 1991 co grupo “Encuentro casual” e dende aquela ten participado en diferentes etapas en Os Papa queixos, Os Diplomáticos de Monte Alto, Os tres trebóns, Ultraqans, ..., Fran Amil regálanos un adianto do seu vindeiro disco “Popsía Vol. I”, dúas extraordinarias cancións colectadas no cancioneiro popular galego, adaptadas en clave pop. Unha irresistible versión funky do poema de Rosalía de Castro “Negra sombra”, e unha acelerada versión disco-funky da cantiga de amigo “Ondas de San Simón”, de Mendiño.
Fran Amil, músico,compositor e produtor.  Creou Chuches Amil, un proxecto musical adicado a toda a familia cun aceno contemporáneo e na nosa fala. Un tesouro musical con vocación de permanencia no tempo e na memoria.

Cultura

Publica o teu comentario agora