Raquel Lema (CRTVG): “Coa reforma do ente métese o raposo a coidar das galiñas”

Raquel Lema (CRTVG): “Coa reforma do ente métese o raposo a coidar das galiñas”

27 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

o ente público que, cumpridas as vodas de prata, vai ser sometido á máis importante reforma da súa historia. Esta pasa pola proposición de Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual, un documento cuxa redacción final foi acordada esta semana na Cámara Autonómica e que será aprobada no Pleno do Parlamento o próximo 2 de novembro. Presentada como unha mudanza necesaria para garantir o mellor funcionamento e independenc

Aos traballadores da CRTVG preocúpalles o mantemento do carácter público do ente e non só as súas condicións laborais “contra o que se intenta vender dende os ámbitos interesados”, asegura Lema. Por iso nas súas reclamacións hai unha mestura dos dous aspectos que estarían ameazados por unha reforma que, afirma, “permite a entrada de capital privado e recomenda a externalización de servizos, deixando a produción propia moi minorizada”. Isto, en consecuencia, “favorecerá a redución do cadro de persoal”, explica. 
 
Entre os empregados ameazados estarían dous dos rostros máis coñecidos, Ana Pérez e Alfonso Hermida, presentadores do Telexornal que se significaron nos actos de protesta contra a reforma legal e que, a seguir, foron afastados da condución do programa especial da noite electoral do 20-N. Foron “represaliados”, sostén Lema, que salienta a solidariedade dos compañeiros que se terían negado a substituílos nesa encomenda.
 
“Ninguén esperaba menos” retruca Raquel Lema cando se lle formula que PP e PSOE se oufanan de realizar unha reforma que democratiza o ente, promovendo a escolla do director da Corporación por maioría parlamentaria. “Pero hai outros problemas”, explica, especialmente o feito de que o Consello de Redacción vaia ser nomeado polo Consello de Administración que controlan os partidos políticos. “É como meter o raposo a coidar das galiñas”, denuncia. Así as cousas, perderíase a ocasión de evitar a “manipulación” á que “a casa estivo sometida durante 26 anos”, recoñece sen ambaxes a voceira do Comité. En relación con ese control político, Lema concede que será difícil que o Telexornal informe das mobilizacións dos seus propios traballadores.
Sociedade