As razóns dun crime

As razóns dun crime
20 de Febreiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Cerceda

  O "true crime" chega tamén a Carballo da man da escritora Sandra Aldao. Recupera o asasinato de Eulogio Suárez, latoeiro e mestre en Montemaior (A Laracha). Matárono hai 110 anos cando volvía da feira de Cerceda. Estaba viúvo e deixou sete orfos. A familia erixiu no lugar un cruceiro na súa memoria.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Sandra Aldao sobre "La ruta de Eulogio":

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/190225ALDAO.mp3

Fotografía Xan Xe

 Eulogio Suárez era latoeiro, de Miranda de Avilés. Tras casar cunha muller de Sofán (Carballo), establecese na Laracha rexentando unha taberna e impartindo escola na zona. Cando contaba con 44 anos foi asasinado en Casás Longos. Non quedou constancia escrita do resultado das investigacións xudiciais. Todo o proceso recóllese no libro "La ruta de Eulogio" que se presentará o 28 de marzo no Mesón A Taberna de Montemaior (A Laracha).

Cultura

Publica o teu comentario agora