Razoamento e autonomía persoal

Razoamento e autonomía persoal
17 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Aspaneps leva en Fene dende o ano 1980 cun programa dirixido aos adultos. Este Centro Ocupacional conta na actualidade con 23 usuarios e ten servizo de transporte e comedor. Falamos coa sua responsable, Mar Novo.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Desenvolvemos actividades que fomentan a autonomía persoal. Facemos obradoiros e damos moita importancia ás actividades comunitarias como a da compostaxe. Aquí lles damos os apoios que precisan pero logo é importantísimo que eles teñan o seu criterio e saiban, por exemplo, elixir a roupa que poñen. Fomentamos o razoamento e o pensamento, que saiban decidir”. Aprender a cociñar é unha das tarefas implantadas neste centro ocupacional. “Hai usuarios que aquí desenvolven certas competencias como bater ovos, cortar patacas, facer unha tortilla etc pero logo din que non llo deixan facer na casa. Sería moi importante trasladar esas funcións no seu día a día coa familia”, recalca Mar Novo en Radio Fene.

Na imaxe, Mar Novo, responsable do Centro Ocupacional de Aspaneps en Fene.

Fotografía: Xarda.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora