ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O vindeiro sábado, como estaba previsto, reábrese o pavillón polideportivo de O Ramo de Barallobre. Inaugúrase cun partido de fútbol sala e coa presenza do alcalde, Iván Puentes, e do presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda.
Os actos de reapertura do pavillón polideportivo de O Ramo de Barallobre comezarán este sábado ás cinco da tarde. A infraestructura estivo pechada estes anos, por causa da realización de obras de mellora, coma o cambio da pista, deteriorada polo uso e polo tempo. Tamén se fixo un acondicionamento da instalación deportiva. A actuación realizouse con fondos da Deputación Provincial de A Coruña.
Os actos de reapertura comezarán co descubrimento dunha placa. Asistirán o presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, o Alcalde de Fene, Iván Puentes, membros do Goberno Municipal e da Corporación de Fene. Tamén están invitados representantes do tecido asociativo fenés e deportistas do Concello.
Un partido de fútbol sala entre o Begasucegsa Unidade de Fene e o Parrulo Ferrol F.S. servirá de acontecemento deportivo inaugural da instalación. No descanso do encontro, e ao final do partido, celebrarase unha exhibición de ximnasia rítmica a cargo das alumnas/os da escola municipal desta modalidade deportiva.
O alcalde, Iván Puentes, e a Concelleira de Cultura e Deportes, Carmen Silvar, entregarán agasallos tanto aos representantes dos dous clubs de fútbol sala que participan no acto como aos membros da escola municipal de ximnasia rítmica. Ao final do acto celebrarase un sorteo de agasallos entre o público asistente. Agasallos cedidos pola empresa “Marvi” que colabora neste acto. A entrada ao recinto é gratuita e no acceso entregarase unha rifa, tamén gratuita, para participar no citado sorteo.