ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto no Teatro Jofre de Ferrol (A Coruña) o venres dia 15. O programa componse de pezas de Chaikovski, Roxelio Groba e Mozart. O prezo das entradas oscila entre os 12 e os 20 euros. Organiza a Sociedade Filarmónica Ferrolana.
Dirixirá a formación Manuel Hernández Silva,contando coa frauta de Luis Julio Toro. A Real Filharmonía de Galicia presentouse ao público baixo a dirección do mestre Helmuth Rilling o 29 de febreiro de 1996. Ten a súa se permanente no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, onde celebra os seus concertos de outubro a xuño. A súa titularidade recae na Xunta de Galicia, sendo xestionada polo Consorcio de Santiago.