A realidade posta patas arriba

El vendido, de Paul Beatty, é o racismo visto desde a sátira
14 de Outubro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

El vendido, de Paul Beatty, é unha novela onde pasan tantas cousas que é necesario meterlle o dente.

ESCOITA O PODCAST:

Paul Beatty (Los Ángeles 1962) é o autor de “El vendido”  novela gañadora do premio Man Booker, 2016. A novela trata sobre a desigualdade racial pero a súa orixinalidade radica no humor, na idea da desigualdade racial desde a sátira. Aí radica o interese deste autor norteamericano. Nos EEUU chegouse a un punto de triunfalismo sobre o afroamericano, con Obama. Beatty desmonta ese triunfalismo desde a súa sátira social. “Crea un universo cheo de paradoxos irreais, como nas viaxes de Gulliver” afirma o profesor Noel Blanco. “Pon a realidade patas arriba para amosarnos o cinismo de que os problemas raciais están resoltos tras Obama”.

Paul Beatty ten una concepción do estilo moi particular e unha capacidade de inventiva extraordinaria, así como a capacidade de crear imaxes. Contén unha serie de representacións cómicas que funcionan como un lente de distorsión e revelan a hipocrisía da realidade. El vendido está moi traballada e durante moitos anos. Recibiu o premio Man Booker en Inglaterra.

A última oleada de asasinatos está a crear un movemento de reacción ao racismo endémico. A policía ten unha relación distinta coa poboación afroamericana. Desde Carolina do sur ata New York é mais violenta contra eles, que son percibidos como unha ameaza social. En El vendido, Beatty fai unh artificio cómico para presentarnos o horror desta situación. "A ficción é algo que nos axuda a pensar, un artefacto de discurso público e unha maneira de reflexión sobre a realidade. Un elemento de crítica social moi poderoso", afirma Blanco. “Hai que estar vixiante porque as formas de represión volven. Nunca hai triunfo final”.

Cultura

Publica o teu comentario agora