ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Realidades e futuro do podcasting e a creación sonora. Ese é o título da charla que impartirá o profesor da Universidade Carlos III de Madrid Ignacio Gallego dentro do Festival de podcast que mañá venres comeza en Fene. Nos locais da asociación O Pote de Maniños presentaranse os podcast "Matar as horas de nostalxia. Podcastelao" e "As mulleres transmitiron o saber. Cantares e cantareiras".

O espectáculo tamén estará presente, ademais da intervención de Xurxo Souto e o seu “O heredeiro en Galicia, sitio distinto”, o sábado poderemos desfrutar, en vivo e en directo, da realización dun episodio de “Vellenials”, un dos podcasts de humor máis seguidos que forma parte da programación da emisora comunitaria Cuac FM, e pecharemos a sesión coa actuación de Son d Cantos. Remataremos o sábado coñecendo os podcasts gañadores das distintas categorías do 1º Concurso de Podcast.
Este primeiro Festival de Podcast organizado por Emisoras Municipais Galegas e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, trata de poñer en valor a produción actual de podcasts en galego. Compartiremos, durante os dous días e con distintos formatos, mesas redondas, coloquios, charlas e realización dun podcast en vivo, moitas experiencias moi valiosas e as posibilidades que este formato pode ofrecer a persoas do mundo da comunicación, como soporte á creación de contidos e o seu uso no eido educativo.
Publica o teu comentario agora