ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O libro de Lara Dopazo Ruibal “O axolote” entra dentro dunha especie de “realismo máxico á galega” onde o sobrenatural forma parte do natural. A autora inclúe diversos puntos de vista (relatos en primeira, segunda e terceira persoa) e tamén de voces narrativas, xa que hai voces de homes, nenas, mulleres, unha cadela e ata elementos da natureza, como dúas pingas de auga. O conto que da nome ao libro titúlase “O axolote”. Ë unha píntega mexicana que non medra e que se atopa en vías de extinción. Só vive no complexo lacustre de Xochimilco, xunto á cidade de México.
Nos relatos de Lara Dopazo, hai referencias a Rafael Dieste, Alvaro Cunqueiro, Julio Cortázar ou Garcia Marquez. Pero ademais, a escritora non renuncia ás tradicións da literatura oral. Unha atmosfera nebulosa e envolvente e finais sorprendentes en cada un dos relatos. Confía na intelixencia da persoa que le. A Lara Dopazo gústanlle os finais abertos na literatura e no cine.
Trece relatos elaborados con pulcritude estilística e unha atmosfera envolvente, como de brétema de primeira hora da mañá. Relatos máxicos onde se mistura o sobrenatural e o improbable. O axolote e outros contos de bestas e augas. Un libro de Lara Dopazo Ruibal, do que falamos no club de lectura de Radio Fene Radiodifusión.
Publica o teu comentario agora