Reanúdanse as beirarruas de Barallobre

Reanúdanse as beirarruas de Barallobre

26 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pleno da Deputación provincial aprobou esta mañá a finalización do proxecto das beirarrúas de Barallobre (Fene). O remate da obra realizarase por trámite de urxencia O responsable provincial de Infraestructuras Viarias da Diputación, Bernardino Rama, comunicou ao Alcalde de Fene a súa intención de reunirse canto antes con el e con membros da Liga de Amigos de Barallobre para explicar a situación actual e como van desenvolverse as o

Dende o Concello recórdase que a unidade final das beirarrúas de Barallobre, obra que non se puido rematar por presentar a empresa adxudicataria concurso de acreedores, inclúe melloras con respecto ao proxecto inicial, como é a da recollida de pluviais e o asfaltado da rúa do Pombal.

A unidade final, valorada en case 400.000 euros, xa fora informada polo enxeñeiro municipal no mes de agosto, e ten un prazo estimado de execución de cinco meses. Nos vindeiros días Iván Puentes e Barnardino Rama acordarán xunto con membros da Liga de Amigos de Barallobre unha xuntanza na que o deputado provincial explicará en que van consistir as obras e como se atopa o proceso de finalización. Ambos tratarán de resolver as dúbidas que os veciños e veciñas lles presenten.

Sociedade