Reapertura de Alvedro, Lavacolla e Peinador

Reapertura de Alvedro, Lavacolla e Peinador

09 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os aeroportos de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo reabriron ao tráfico aéreo ás 17 horas de hoxe ao despexar a nube de cinzas volcánicas. Fontes do Ministerio de Fomento indican que a reapertura non é definitiva e que, dependendo da evolución da nube, non desbotan ter que adoptar de novo medidas de restricción ao tráfico aéreo ao longo da semana.

Os aeroportos de Bilbao, Asturias, Santander, Valladolid, León volveron pechar desde as 16.00 horas deste domingo como consecuencia da evolución da nube de cinzas volcánicas, segundo informou Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea nun comunicado. Salamanca continua pechado desde ás 11 da mañá.

 

 

Sociedade