A rebeldía das cigarreiras

A rebeldía das cigarreiras
08 de Xaneiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Ordes

A primeira novela sobre o movemento obreiro feminino ven de ver a luz en galego. En “A Tribuna” Emilia Pardo Bazán relata as penalidades e a rebeldía das cigarreiras da fábrica de Tabacos da Coruña .Feminista radical non cría que a maternidade fose o destino da muller. Pardo Bazán foi unha das grandes novelistas do século XIX europeo. 

“A Tribuna”  ten un carácter anticipatorio. Entrelaza a emancipación social e a feminina, relatando as condicións de vida e laborais das cigarreiras da Coruña, as traballadoras da fábrica de Tabacos. A condición de Pardo Bazán foi a de vivir en incesante metamorfose, a de gozar coa lóxica do asombro e non ter medo ao descoñecido, afirma o escritor Manuel Rivas. A Fundación Luzes ven de editar a tradución ao galego de A Tribuna, unha versión realizada por Valeria Pereiras.

 

 

Fotografía Xan Xe Corral (Marilar Aleixandre, María López Sández e Ana Varela no clube de leitura de Radiofusión falando de Emilia Pardo Bazán. Maio de 2021)

Sociedade

Publica o teu comentario agora