A rebeldía de Nebra

A rebeldía de Nebra

12 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Cinco persoas, catro homes e unha muller, morreron en Porto do Son o 12 de outubro de 1916 ao disolver a Garda Civil unha manifestación cidadán en contra duns impostos considerados inxustos. Aconteceu na ponte de Cans en Nebra nun episodia de rebeldía anticaciquil.

1916 foi un ano clave na organización do galeguismo. En maio créanse as Irmandades da FAla na Coruña. En novembro aparece A Nosa Terra, órgano oficial das Irmandades. Fai ser aglutinador e elemento propagandístico. A Irmandade de Santiago de Compostela abrirá precisamente un profundo debate diante da acittude a tomar perante a represión sangrenta da manifestación agrarista en Nebra. En novembro de 1918 as Irmandades contan xa con setecentos militantes repartidos por toda Galiza.

Sociedade