ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Reboiras traballou nas compañias auxiliares de Astano en Fene en 1973 e 1974. Xunto con Lois Rios Paredes e Elvira Souto formaba un grupo da Unión do Pobo Galego que quería extender a loita contra a ditadura desde o nacionalismo galego. Rios Paredes lembraba aquel traballo na clandestinidade nunha entrevista en Radio Fene. Querian introducir á UPG nas empresas. O mesmo dia que a policia da ditadura asesina a Moncho Reboiras en Ferrol, -o 12 de agosto de 1975- en Astano realizase a botadura da Santa María. Lois Rios destacou que en Ferrol atopou xente de calidade humana extraordinaria e moita conciencia de clase.

O Concello de Fene celebrará este martes, 11 de agosto, ás 13.00 horas, un acto institucional de homenaxe a Xosé Ramón "Moncho" Reboiras Noia, coincidindo coa conmemoración do aniversario do seu asasinato a mans da ditadura franquista. O acto consistirá na inauguración dun monólito dedicado á súa memoria, situado no Paseo Marítimo de San Valentín, e está organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Fundación Moncho Reboiras, a Fundación Terra e Tempo, a Fundación Galiza Sempre, a CIG e a Comisión Organizadora do 50 aniversario.
Na madrugada do 12 de agosto de 1975, Reboiras foi abatido por axentes da ditadura franquista en Ferrol durante un amplo operativo policial. A súa morte converteuno nun símbolo da loita polas liberdades democráticas, polos dereitos da clase traballadora e pola defensa da identidade nacional de Galiza.
Moncho Reboiras está considerado unha das figuras máis relevantes do nacionalismo galego contemporáneo e do movemento obreiro en Galiza. Entre outras responsabilidades, foi impulsor da Fronte Obreira da UPG e participou na creación das primeiras estruturas organizativas do sindicalismo nacionalista galego, un proceso que anos despois daría lugar ao nacemento da Confederación Intersindical Galega.
Coa instalación deste monolito, o Concello de Fene súmase ás iniciativas promovidas con motivo deste aniversario, contribuíndo a preservar a memoria dunha figura fundamental da historia política e social do país. Desde a organización convídase á veciñanza a participar neste acto de lembranza e recoñecemento, aberto ao conxunto da cidadanía. Mañá martes, a unha do mediodia no paseo marítimo de San Valentin.
Publica o teu comentario agora