Reciclar o aceite é máis doado

Reciclar o aceite é máis doado
25 de Febreiro, 2021 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

Os datos son contundentes. A veciñanza evitou o ano pasado a contaminación de 2,5 toneladas de auga reciclando o aceite usado de uso doméstico.

Os veciños e veciñas de Valdoviño evitaron a contaminación de preto de 2,5 toneladas de auga o pasado ano. E fixéronno cun xesto ben sinxelo: depositando o seu aceite de uso doméstico usado nos colectores de reciclaxe instalados polo Concello. Así, o alcalde, Alberto González, apunta que durante o 2020 a veciñanza reciclou 2.265 litros de aceite usado. Unha cifra moi positiva xa que supón un incremento notable respecto ao 2019, cando foron 1.730 litros. Agradece así a implicación de veciños e veciñas e, tamén, as facilidades dadas polas cooperativas de Lago, Meirás e Vilaboa e o supermercado Eroski para a instalación dos colectores en espazos propios. Uns colectores que facilitan a reciclaxe, xa que non é preciso baleirar o líquido das botellas, senón que os veciños poden introducilas directamente. Con esta medida, dáselle unha segunda vida ao aceite e evítase que vaia directamente ao desagüe, o que remata por atascar as tuberías e provoca a contaminación das augas, dificultando o traballo das depuradoras.

Institucional

Publica o teu comentario agora