ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos de Ferrol, Rafael Fernández Beceiro, informou esta mañá que a Casa Solidaria acollerá mañá martes, 1 de febreiro, unha charla informativa na que se dará a coñecer á cidadanía cal é o destiño da roupa que os cidadáns e cidadás depositan nos catorce contenedores da Fundación Humana que o Concello ten instalados en Ferrol. No acto, que se celebrará
Rafael Fernández animou aos cidadáns e cidadás a asistir a este acto para poder coñecer polo miúdo que é o que se fai coa roupa que donan unha vez é entregada nos ditos contenedores. Uns contenedores que o Concello de Ferrol instalou en diversas rúas, prazas e entidades veciñais da cidade (Praza de Canido, rúa Valdoviño, no cruce da rúa Cuntis con Cervantes, Praza Rosalía, Centro Carvalho Calero, rúa Ultramar, avenida do Mar con rúa Castelao, rúa García Sabell, Praza San Amaro, locais das Asociacións de Veciños de Esteiro e Brión, A Malata e o polígono de A Gándara (neste último emprazamento hai dous contenedores)). En todos eles, a cidadanía pode entregar aquelas prendas de roupa usada que non necesitan ou da que se queren desfacer. Esta é enviada ás plantas de clasificación que Humana ten en L'Ametlla del Vallés, en Barcelona, Leganés (en Madrid) e Valderrubio (Granada) para posteriormente remitila a tendas de segunda man que ten Humana ou enviala a África para vendela a prezos baixos a comerciantes locais e satisfacer deste xeito a demanda destes países, activando a actividade económica local e xerando recursos para o seu desenvolvemento. Tamén é vendida a empresas de reciclaxe textil. Todos estes procesos serán explicados polos voluntarios da ONG, quenes informarán así mesmo dos proxectos de cooperación internacional en ámbitos de educación, saúde, integración social, desenvolvemento agrícola, etc., que se poñen en marcha cos fondos obtidos da comercialización da roupa en países como Mozambique, Angola, República Democrática do Congo, Ecuador, India ou China, entre outros.
O concelleiro destacou que no 2010, o Concello recolleu dos contenedores de Humana en Ferrol un total de 112.570 kilos de roupa, unha cifra superior á obtida en anos anteriores (en 2009 esta foi de 94.340 kilos).