Reclaman atención sanitaria de calidade

Reclaman calidade na atención sanitaria
11 de Xuño, 2021 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro de Saúde de Monfero contaba con dous médicos ata finais do ano pasado. Un deles xubilouse e a xerencia do SERGAS intentou cubrir a súa vacante cun médico que vai unhas horas un par de dias á semana. Un médico pode ser suficiente para o cupo de cartillas de Monfero pero a extensión do Concello con 173 quilómetros cadrados fai que os desprazamentos con frecuencia pasen dunha hora. Hai ademais moitas persoas maiores e un alto porcentaxe de dependentes. A doutora que na actualidade atende en Monfero realiza unha media de 50 consultas diarias, o que fai imposible prestar unha atención sanitaria de calidade. 

ESCOITA O PODCAST:

Hai uns dias a doutora tivo que saír atender a unha persoa no seu domicilio e botou dúas horas fora. Nese tempo o centro de saúde quedou sen atención, segundo explica o farmacéutico de Monfero Dario Iglesias. 
O sábado pasado por exemplo non  houbo médico en Monfero. Un enfermeiro quedou só no Centro de Saúde, cando antes sempre había atención médica tamén os sábados. A veciñanza de Monfero reclama unha atención sanitaria de calidade. Afirman que a Xunta de Galicia e o SERGAS ten que dotar de médicos a localidade, se non se quere fomentar o abandono do medio rural. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora