ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A asociación profisional de bombeiros forestais de Galicia critica a descoordenación e reclama cambios na política forestal para poder limitar os efectos devastadores do lume. Galicia gasta cada ano 170 millóns de euros en previr e apagar incendios. A Xunta cifra en máis de 35.000 hectáreas a superficie afectada polo lume os pasados 14 e 15 de outubro. Morreron catro persoas, 15 vivendas quedaron totalmente destruidas e houbo que evacuar a duas mil cen persoas
Un monte productivo esixe unha ordenación, que é a maior prevención contra o lume. O problema dos incendios agudízase cando o monte non ten valor. Pero Galicia é unha potencia forestal co 50% das talas de España a pesar de representar só o 7% do territorio. Pero o 33% da superficie forestal galega permanece abandonada. Os bombeiros forestais reclaman a súa posta e apostan tamén por un modelo único, público e coordinado do dispositivo da loita contra o lume.